Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2006.

02/06/2006

A cociña dos mércores

20060602124935-tarta-de-chocolate06-010.jpg

Foi mércores e voltamos a cociña.

Esta vez fixemos unha TARTA DE CHOCOLATE, usamos leite, galletas, chocolate de postres, flanín, tulipán e ovos.

Manchamos un pouco a cociña o mezclar os ovos o tulipán e o chocolate, pero o pasamos ben.

O día seguinte Xoves fixemos unha festa e comimos as tartas, como sobrou un pouco os profes tamen comeron e non deixaron nada.

02/06/2006 12:52 Autor: pequerrechos. Enlace permanente. Hay 2 comentarios.

13/06/2006

Estivemos en ANDREA

20060613140354-andrea-06-050.jpg

O venres 9 marchamos de excursión a "ANDREA" unha asociación que recolle burros maltratados o que non teñen dono. Cepillamos os burros, explicáronnos a súa historia, fixemos recorridos de psicomotricidade con eles, e Fabián quedou dormido enriba dun.

       O mais bonito chamábase PLATERO, como o burro do conto de Juan Ramón Jimenez, que nos contou o profe, e sobre o que traballamos este trimestre.

13/06/2006 14:05 Autor: pequerrechos. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

15/06/2006

O Simulacro

20060615104648-simulacro-2-06-001.jpg

Onte estiveron os BOMBEIROS DO SALNES  no noso cole. Estabamos na clase traballando cando soaron as Sireas e o sair atopamos que había moito fume nun lado do Cole.

                            O pouco de estar no patio chegaron os bombeiros e a policia municipal coa sirea posta, sairon correndo do camión e colleron as mangueiras, tiñan postos os cascos e o uniforme.

                             Menos mal que o profe explicara que esta semana faríamos un simulacro porque parecía de verdade, e algúns preguntaban si había lume "en serio".

15/06/2006 10:47 Autor: pequerrechos. Enlace permanente. Hay 2 comentarios.
Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]