Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2006.
03/05/2006
O Maio

Fixemos un Maio entre todos os nenos do Cole, e despois cantamos a Copla:
COPLAS DO MAIO 2006.
v PRESENTACIÓN
Inf –ESTÉN TODOS MOI ATENTOS
QUE IMOS ESCOMENZAR
APRENDAN O QUE CANTAMOS
AXÚDENNOS AO ACABAR..
1º - CANTARLLE AO MAIO FLORIDO
CANTARLLE UNHA VEZ MÁIS
CANTARLLE AO MAIO GARRIDO
CANTARLLE AQUÍ SEN PARAR.
v CRÍTICA
2º - BUXIBLÍN ESTÁ MOI TRISTE
NINGUÉN VÉN Á SÚA CITA
POLAS TARDES ESTÁ SÓ
PRECISA A VOSA VISITA
3º -OS DO COLE DE MEAÑO
SAÍMOS XUNTOS A CAVAR
E O QUE IMOS RECOLLER
DARANOS PARA XANTAR.
4º - SOMOS ALUMNOS DE CUARTO
E QUEREMOS DENUNCIAR
QUE ENTRARON NA NOSA AULA
NUN RECREO A ROUBAR.
5º - NO TRANSPORTE DO COLEXIO
PROBLEMAS NON IMOS TER
POIS TEMOS ACOMPAÑANTE
QUE AS PELEXAS VAI A VER.
6º - NO COLEXIO DE MEAÑO
TEMOS PORTAS ESPECIAIS
E SE QUERES ENTRAR DENTRO
O TIMBRE DEBES TOCAR.
v DESPEDIDA
PARAMOS XA DE CANTAR
ADEUS DICIMOS A TODOS
SE VOS GUSTARON AS COPLAS
APLAUDIDE COMA TOLOS.
Teatro Migallas
Hoxe mércores fomos o Cole de Dena en autobus, para que o Grupo "Migallas" nos contaran contos, estivo moi ben, ademais xogamos no recreo dos nenos de Infantil do outro Cole que ten uns columpios moi chulos.09/05/2006
A Pizza

O mércores día 3 tocou cociña, o profe despois de facernos escribir a receta na clase levounos a cociña e fixemos unha PIZZA, algúns a fixeron de salchichas, outros de ovos, de aceitunas, outros puxeron de todo, e despois a comimos.
Os BOMBEIROS
Por fin fomos a estación dos BOMBEIROS de Pontevedra, ensináronnos todos os camións, as escaleiras, o ximnasio, como funcionan as mangueiras, e o mellor foi a espuma. Na espuma pillamos o profe Pachú e o mollamos de arriba abaixoO regalo da nai

Para o DÍA DA NAI, preparamos un libro con forma de corazón e dentro, en cada folla, dibuxamos e escribimos :
* Para a miña nai o ceo
*Para a miña nai unha flor
*Para a miña nai un bico
*Para a miña nai o meu amor
*Día da nai 2006.
Cada un de nos dibuxou o que quixo en cada páxina.
As mamás quedaron moi contentas.
11/05/2006
A Cociña dos mércores
Onte foi mércores e tocou cociña. Fixemos unha brocheta vexetal, puxemos: amorodos, platano, mazá, pera, melocotón, uvas, kivi, e duas gominolas que parecian froitas, o profe para ensartarlas no pincho mandounos facer unha serie, e antes tivemos que escribir a receita nun folio e despois de comer a brocheta , que estaba moi boa, facer un dibuxo dela. 19/05/2006
O Día das Letras Galegas

O profe falounos de Manuel Lugrís e das poesías e obras de teatro que escribía, e nos escribimos unha adaptación dunha poesía súa "Axiña"
Os días xa son máis longos;
Xa brilla máis ledo o Sol.
Os arboredos florecen
E as silveiras teñen flor...
Tamen vimos unha foto do manuscrito onde escribiu este poema e vimos unha caricatura de Manuel Lugrís que copiamos.
24/05/2006
A cociña dos mércores

Hoxe é mércores tocounos cociña, os profes levaronnos a facer un MOUSSE DE PLÁTANO. Antes escribimos os ingredientes e os dibuxamos.
A maioría de nos o único que nos gustou foi face-lo, esmagando as galletas co plátano e exprimindo as laranxas para votarlle o zume o plátano e as galletas; despois a moitos non lle gustou, Cesar e Alba tomaron o seu e dous mais.
O mércores seguinte, que é o último, imos a facer unha tarta de galletas, esperemos que esté mais rica.
29/05/2006
Mandamos unha carta

O venres día 26 escribimos unha carta na aula, puxemos a dirección no sobre e o remitente, pegamos o selo, e despois fomos andando ata o buzón que hai no Concello a mandalas.
O profe foi aprendendonos a cruzar polos pasos de peóns e a andar polas beirarúas e vimos unha tenda de zapatos, unha perruquería e unha tenda de roupa.
Xa vos contaremos cando as recibamos nas nosas casas.
As patacas

As patacas que plantamos en abril XA ESTÁN MEDRANDO, hoxe fomos a regar e carai como sairon da terra.
A fin de curso di o profe que igual podemos recollerlas e levarlas para casa.

