Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2007.
OS COGUMELOS DO XARDÍN
O día que estivemos recollendo as follas atopamos cogomelos no xardín, os nenos e nenas dicían que eran as casas dos Trasnos. Estás son algunhas FOTOS.CHEGA O NADAL
Chega o Nadal e os nenos e nenas están moi inquedos, polo pronto o venres comezamos a adornar a aula empezando pola árbore, para iso aproveitamos materiais que tiñamos pola aula, papel de aluminio para facer bolas.Aquí tendes FOTOS.
MAIS FOTOS ADORNANDO A AULA
Temos mais fotos adornando a clase. Premer AQUÍFELICITACIÓN DE MIGUEL

BO NADAL!
Está é a felicitación de Miguel
O MURAL DO NADAL
Imos a participar nun concurso de murais do Nadal organizado polo concello de Meaño este é o noso mural.NEREA COLOREO SOA
Hoxe levamos unha gran ledicia na clase, Nerea foi capaz de colorear ela sola, pasou de forma espontánea e ela mesma asombrouse de ser quen de facelo soa.Despois decidimos adaptar os rotuladores para que poderá usalos sen tropezos, e o invento funcionou.
VISITOUNOS PAPA NOEL
O venres día 21, organizado pola ANPA A TOXA visitounos Papa Noel.Os nenos e nenas cantáronlle panxoliñas, e despois un a un entregáronlle a carta os REIS MAGOS e recibiron un agasallo del.
Se queredes ver a fotos premer AQUÍ
Xa temos as fotos dos nenos/as 
