Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2008.
08/01/2008
OS REGALOS DOS REIS
Os Reis Magos chegaron o noso Colexio e deixaron moitos regalos.Os nenos e as nenas fixeron unha festa e a min tocoume montar os xoguetes coa a axuda do profe Sergio e a profe Laura.
Para ver as fotos premer AQUÍ
10/01/2008
O CONCURSO DE MURAIS DO NADAL
Gañamos o concurso de murais do Nadal organizado polo Concello de Meaño.Os nenos e nenas están contentos pois déronnos un vale para comprar xoguetes didácticos para a aula.
11/01/2008
SOLTANDO OS PEIXES
Os nenos e as nenas están enfadados pois non puxen esta foto de cando fomos a soltar os peixes antes das vacación do Nadal.Agora que rematamos as vacacións, cando pasen estes días de chuvias,temos que volver pescalos para levalos a aula.
23/01/2008
O ANIVERSARIO DE NEREA
O venres 18 estivo de aniversario NEREA, fixemos unha festa no cole e estivo bastante divertida. Repartimos larpeiradas, contáronse contos e o pasárono moi ben os nenos e as nenas.Aquí tendes FOTOS
O CONTO DOS NENOS E NENAS
A hora do conto os nenos e nenas agora queren contar un eles.O luns contou un conto Miguel.
O CONTO DE ALBERTO
O martes contou o conto Alberto. Foi un conto de risa.28/01/2008
XA COMEZOU O ENTROIDO
Xa comezou o ENTROIDO no noso cole o Mandadiño empeza a dar ordes e cada día hai unha nova.LEVAR ALGO NA CABEZA
O primeiro día o Mandadiño deu orde de levar algo na cabeza, aquí estamos todos moi guapos.29/01/2008
O DÍA DA PRENDA O REVÉS
Hoxe é o día de todo o revés, uns poñen o mandilón, outros a chaqueta e eu puxen a foto o revés.30/01/2008
O DÍA DOS ZAPATOS DISTINTOS

Hoxe tocou traer zapatos distintos.
O CONTO DE SERGIO

A Sergio tocoulle hoxe contar o conto, escolleu un na biblioteca de aula, e nos divertimos todos.
O DÍA DA PAZ
Pola tarde celebramos o DÍA DA PAZ, fixemos distintos xogos de colaboración e un mural nun muro do cole, cando teñamos as fotos as publicaremos.
