Blogia
pequerrechos

ACTIVIDADES DO OUTONO

ACTIVIDADES DO OUTONO

Durante os meses de outubro e novembro e co fin de traballar o OUTONO desenvolveranse as seguintes actividades no noso cole:
 
Do 13 ó 16 de outubro, na Sala de Exposicións do colexio, organizaremos a “V MOSTRA DE PRODUTOS DE OUTONO” con poesías, debuxos, redaccións, receitas e traballos artísticos cos propios produtos.

 

                Do 26 ó 30 de outubro terá lugar unha EXPOSICIÓN DE CABAZAS DECORADAS.

 

                Do 2 ó 6 de novembro teremos unha exposición de traballos sobre o MAGOSTO, rematando o día 6 con un MAGOSTO para todos os alumnos do centro, precisando a súa colaboración coa aportación dun lote de 20 castañas con corte para o asado, que os alumnos/as entregarán o seu titor/a os días 4, 5 e 6. A AMPA repartirá bebidas entre tódolos alumnos/as do centro para acompañar as castañas.

 

               Invitámolos a visitar as exposicións e pedímoslle a súa colaboración para que animen e axuden ós seus fillos/as a elaborar na casa os lotes de produtos para as mostras.

0 comentarios