O CUMPLE DE LARA
O mércores día 20 Lara celebrou o seu aniversario. FOTOS
O mércores día 20 Lara celebrou o seu aniversario. FOTOS
O mércores día 20 saímos de excursión por Meaño todos os nenos e nenas da Educación Infantil.
O fin da saída era coñecer os distintos establecementos que hai no noso pobo, a Casa do Concello, e o mobiliario urbano: Os distintos colectores do lixo (e que botar en cada un) as papeleiras,... FOTOS
Hoxe os nenos e as nenas empezaron a usar a pizarra dixital, foi bastante divertido, vamos a repetir mañá a experiencia. FOTOS
Hoxe foi o cumple de Alberto. Estas son as FOTOS
Xa comezamos as clases de EDUCACIÓN VIAL o mércores as iniciamos aprendendo a guiar as motos.
Algúns tropezaban con todo e non eran capaces de levalas a onde querían. FOTOS AQUÍ
Xa tivemos a festa do Entroido do Cole, o desfile non se puído celebrar polas rúas debido a chuvia, fixémolo no pavillón; Despois estivemos na tradicional degustación de comidas tradicionais do entroido que nos traen as nais e pais e finalmente FESTA RACHADA bailamos todos ata o final.
Fotos AQUÍ
Tocoulle a Kevín contar o conto.
Contou un duns amigos que se chamaban por teléfono
Hoxe tocou traer unha venda ou tirita en algunha parte do corpo.O venres toca festa de disfraces.
Pola tarde celebramos o DÍA DA PAZ, fixemos distintos xogos de colaboración e un mural nun muro do cole, cando teñamos as fotos as publicaremos.
A Sergio tocoulle hoxe contar o conto, escolleu un na biblioteca de aula, e nos divertimos todos.
Hoxe tocou traer zapatos distintos.
Hoxe é o día de todo o revés, uns poñen o mandilón, outros a chaqueta e eu puxen a foto o revés.
O primeiro día o Mandadiño deu orde de levar algo na cabeza, aquí estamos todos moi guapos.
Xa comezou o ENTROIDO no noso cole o Mandadiño empeza a dar ordes e cada día hai unha nova.
O martes contou o conto Alberto. Foi un conto de risa.
A hora do conto os nenos e nenas agora queren contar un eles.
O luns contou un conto Miguel.
O venres 18 estivo de aniversario NEREA, fixemos unha festa no cole e estivo bastante divertida. Repartimos larpeiradas, contáronse contos e o pasárono moi ben os nenos e as nenas.
Aquí tendes FOTOS
Os nenos e as nenas están enfadados pois non puxen esta foto de cando fomos a soltar os peixes antes das vacación do Nadal.
Agora que rematamos as vacacións, cando pasen estes días de chuvias,temos que volver pescalos para levalos a aula.
Gañamos o concurso de murais do Nadal organizado polo Concello de Meaño.
Os nenos e nenas están contentos pois déronnos un vale para comprar xoguetes didácticos para a aula.
Os Reis Magos chegaron o noso Colexio e deixaron moitos regalos.
Os nenos e as nenas fixeron unha festa e a min tocoume montar os xoguetes coa a axuda do profe Sergio e a profe Laura.
Para ver as fotos premer AQUÍ