Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2007.
TREN DA LINGUA
O luns día 26 fomos de viaxe a Santiago no Tren da Lingua.Viaxamos en autobús ata Vilagarcía e dende alí fomos en tren a Santiago, viaxaron connosco dous pallasos Lolo e Peter que nos fixeron rir moito.
En Santiago vimos unha obra de Teatro con monicreques e de volta a Vilagarcía déronnos de agasallo unha mochila e un LBG (lapis,boli e goma).
Queremos volta para o ano.
ADOPTAMOS UN CARBALLO

Os nenos e as nenas da nosa clase decidimos adoptar un carballo. Para iso plantamos a LANDRA que regalou un periódico galego e temos o compromiso de regar la e cóida-la ata que sexa grande e podamos plantar la no bosque do colexio
FIXEMOS UNHA ÁRBORE

Ademais de adoptar unha landra fixemos unha árbore e a coloreamos de marrón.
Despois imos a poñerlle follas e mais adiante flores e mais tarde froito, o profe non quere dicir que froito é un segredo.
Na foto casi non se ve, está no medio de nos, pero cando teña follas xa lle fará o profe outra foto.
TEMOS UN NOVO COMPAÑEIRO
Chegou un novo compañeiro Heitor Pedro, ven de Portugal e xoga moito connosco.O principio dáballe vergoña falar pero agora xa fala e xoga como un mais.
A CASIÑA DE CHOCOLATE

O noso profe trouxo unha casiña de chocolate despois das vacacións.
O 1º día tiñamos pena de comela pois era moi bonita, pero o segundo día xa quedou sen vallas do xardín e sen árbore e o terceiro sufriu un desastre e desapareceu.
Que rica estaba, QUEREMOS MAIS !
A ÁRBORE E O NOVO COMPAÑEIRO
Está é a árbore e o noso novo compañeiro Heitor Pedro.Hoxe imos a colorear as follas e a poñelas, temos que ter coidado e non tapar os niños e os paxariños.
O CONCERTO DIDÁCTICO
Asistimos no cole a un Concerto Didáctico de instrumentos de metal que nos dio a Banda de Música de Meaño.Estivo ben e tocamos a trompeta e algún outro instrumento.
CUMPLE DE SANTIAGO

Santiago celebrou hoxe o seu cumple, cantamos todos, comimos torta e larpeiradas e pasámolo ben.
Antes fomos a Dena para asistir a unha representación da ESCOLA DE MÚSICA onde actuaron Raquel e Mauro.
XA TEN FOLLAS A ÁRBORE

Xa lle puxemos as follas a árbore, agora di o profe que dentro dun mes vai a saírlle flores e despois froitos, pero non quere dicirnos que froito, vai a ser unha sorpresa.
TEATRO CARACOL
O mércores marchamos a Cambados o IES o teatro a obra titulábase "SUSPENDESE A FUNCIÓN", foi un pouco de tolos pois os actores non estaban e traballaban os carpinteiros, os encargados da limpeza,... Pero foi moi divertida e non queriamos que rematar.
O profe gravó en vídeo cachiños e agora os vemos no cole.
CUMPLE DE LEILA

Leila celebrou onte o seu cumple, cantamos todos, comimos larpeiradas e pasámolo ben.
FELIZ CUMPLE LEILA
OS PEIXES
OS PEIXESOnte ademais do cumple de Leila fomos co profe de pesca o estanque do Cole.
Pescamos oito peixes e os metemos nun acuario para ter na clase.
Hoxe xa lles dimos de comer. O que mais come e un de cores negro e dourado, non para.
Conto PAPÁ
UN CONTOHoxe rematamos o conto PAPÁ estivemos facéndoo toda a semana e agora o levamos para deixar lo en casa e ler cos nosos pais.Se o queredes ver PREMER AQUÍ

