O Maio
Fixemos un Maio entre todos os nenos do Cole, e despois cantamos a Copla:
COPLAS DO MAIO 2006.
v PRESENTACIÓN
Inf –ESTÉN TODOS MOI ATENTOS
QUE IMOS ESCOMENZAR
APRENDAN O QUE CANTAMOS
AXÚDENNOS AO ACABAR..
1º - CANTARLLE AO MAIO FLORIDO
CANTARLLE UNHA VEZ MÁIS
CANTARLLE AO MAIO GARRIDO
CANTARLLE AQUÍ SEN PARAR.
v CRÍTICA
2º - BUXIBLÍN ESTÁ MOI TRISTE
NINGUÉN VÉN Á SÚA CITA
POLAS TARDES ESTÁ SÓ
PRECISA A VOSA VISITA
3º -OS DO COLE DE MEAÑO
SAÍMOS XUNTOS A CAVAR
E O QUE IMOS RECOLLER
DARANOS PARA XANTAR.
4º - SOMOS ALUMNOS DE CUARTO
E QUEREMOS DENUNCIAR
QUE ENTRARON NA NOSA AULA
NUN RECREO A ROUBAR.
5º - NO TRANSPORTE DO COLEXIO
PROBLEMAS NON IMOS TER
POIS TEMOS ACOMPAÑANTE
QUE AS PELEXAS VAI A VER.
6º - NO COLEXIO DE MEAÑO
TEMOS PORTAS ESPECIAIS
E SE QUERES ENTRAR DENTRO
O TIMBRE DEBES TOCAR.
v DESPEDIDA
PARAMOS XA DE CANTAR
ADEUS DICIMOS A TODOS
SE VOS GUSTARON AS COPLAS
APLAUDIDE COMA TOLOS.
1 comentario
Anónimo -
Bo maio compañeiros e compañeiras!!