Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2007.
05/02/2007
O DÍA DA PAZ
Celebramos o día da PAZ.Todo o Centro celebrou o día da PAZ e nos tamén , fixemos unha árbore e cada neno pegou unha man como se fosen follas, quedou moi bonito, cando estean as fotos na páxina web do Cole poñeremos unha ligazón.
A BIBLIOTECA
A BIBLIOTECA.Neste trimestre a biblioteca está a traballar o tema do CÓMIC.
Nos estamos coloreando personaxes xigantes e estivemos na BIBLIOTECA lendo Mortadelos, Asterix e Obelix, Tintín, ....
13/02/2007
PESANDO
O outro día o profe mandounos medir, agora estamos a pesar as cousas, primeiro usamos unha bascula de xoguete e despois unha de verdade.COÑECIMOS OS BOLECHAS
Non coñeciamos Os Bólechas e o profe leunos contos destes persoaxes e regalounos unhas camisetas. ¿A que estamos guapos?As fotos do DÍA DA PAZ
Xa temos na nosa WEB as fotos do DÍA DA PAZ para velas premer no enlace.
Xa comezou o ENTROIDO
Xa comezou o Entroido no noso Cole, está semana cada día temos que traer unha cousa distinta:Luns: Unha cousa na cabeza
Martes: Unha cousa na cabeza e outra no brazo
Mércores: Unha cousa na cabeza, algo no brazo e algo nas costas.
Xoves: Unha cousa na cabeza, algo no brazo, algo nas costas e algo unha perna.
Venres: Disfrazados dun personaxe dos cómics.
Xa os iremos contando e poñendo fotos.
27/02/2007
A FESTA DO ENTROIDO
Xa fixemos a festa do Entroido, saímos a desfilar polas rúas de Meaño e despois fomos a festa que facemos todos os anos no Pavillón. Os pais e nais traen lambetadas típicas para comer entre todos e bailamos ata a hora de saír.EXCURSIÓN A CORUÑA
Onte dia 26 marchamos de excursión a Coruña, marchamos as 9:30 nada mais chegar o Cole.Comimos no DOMUS e despois o visitamos, o que mais nos gustou foi o da pelota de fútbol.
Despois marchamos o ACUARIO, que bonito, o mellor as focas e as quenllas, GASTON era moi grande e tiña moitos dentes.
Chegamos de volta as 17:45 e moitos de nos durmimos no autobús do cansos que estabamos.
Queremos volver outra vez.

