Se muestran los artículos pertenecientes a Septiembre de 2007.
21/09/2007
O curso xa rematou pero sigo contando cousas

O curso pasado xa rematou, os nenos xa están en 1º de Primaria,pero vou contarvos as derradeiras actividades que fixeron.
O primeiro foi participar nas celebracións do 25 ANIVERSARIO do noso Centro, o venres 15 de xuño foi a festa seria con concertos, discursos e cea; e o domingo 17 foi a festa de verdade para os nenos/as con inchables, merenda, xornada de portas abertas...
Se queredes mirar aquí as fotos
Soltamos os peixes
Como remataba o curso soltamos os peixes no estanque os alumnos/as non querían pero expliqueilles que aí estaban ben, xa que pasaban o verán cos seus compañeiros, e que para a volta podían visitar los no recreo.Plantamos o carballo
Polo mesmo motivo o carballo que tiñamos na clase o transplantamos e o plantamos no xardín, durante o verán estivemos dous profesores regando o xardín e as plantas do cole.Festival de Fin de Curso
Participaron os nenos/as no festival de fin de curso con unha adaptación da obra "Os sapos e as ras" de Anisia Miranda. Salio bastante ben e nos aplaudiron bastante, o curso seguinte cando nos visite Anisia e Neira Vilas a representaran outra vez.Orlas e diplomas
O rematar o festival entregaron os DIPLOMAS e as ORLAS de remate do curso.Entregounas a directora e os titores/as e despois houbo sesión fotográfica.
Os agasallos da Anpa
A Anpa o rematar o curso entregoulle uns agasallos os nenos e as nenas, na foto están coa Directora e as camisetas que nos regalaron.DESPEDIDA
Esta é a foto da despedida dos nenos/as de PEQUERRECHOS.Xa pasan para Primaria, eu os desexo unhas boas vacacións e que traballedes moito cos novos profes.
MOITOS BICOS PARA TODOS
30/09/2007
OS NOVOS PEQUERRECHOS
Estes son os novos Pequerrechos que nos van a acompañar ao longo deste curso.Faltan tres que están enfermos.
Iremos presentándoos o longo desta semana un a un.

