Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2008.
VISITOUNOS UN POLICIA LOCAL
Xa tivemos a clase de Educación Vial co Policía Municipal.Os nenos e nenas o pasaron moi ben e aprenderon moitas cousas.
O Poli contou un conto e despois explicou como temos que ir nos coches, no autobús, polas beirarrúas, por onde debemos cruzar,...
Algúns nenos e nenas o chegar a súa cas van a berrar cos seus pais e nais por correr moito e saltarse os semáforos
SAÍMOS DE PESCA
Xa temos outra vez peixes na clase.O martes saímos a pescar, pescamos 4 peixes para o acuario que temos na clase.
Agora os nenos e nenas teñen que coidalos, botarlles de comer e cambiarlles a auga cando sexa preciso.
FOTOS
PLANTANDO TOMATES
Estamos aprendendo como son as plantas, como nacen, medran, as súas partes..., e para iso cada neno e nena plantaron tomates e lentellas.FOTOSXA MEDRAN AS LENTELLAS
Xa están medrando as lentellas, os nenos e nenas turnanse para regar.COIDANDO OS PEIXES
Hoxe tocoulle a Kevín darlle de comer os peixes.AS BOLAS DE PAPEL DE ALUMINIO
Xa estamos facendo a cuarta bola de papel de aluminio, chega un momento en que non podemos poñer máis papel, así que decidimos ir facendo máis bolas.AS LENTELLAS ESTÁN MEDRANDO

As lentellas seguen medrando día a día, os tomates aínda non brotaron.
MIGUEL E OS PEIXES

Tocoulle a Miguel darlle de comer os peixes.
E SIGUEN MEDRANDO AS LENTELLAS

Hoxe cando chegamos atopamos as lentellas moito mais altas, e os tomates empezan a brotar.
CRISTINA E OS PEIXES

Tocoulle a Cris darlle de comer os peixes.
BROTAN OS TOMATES

Xa están brotando os tomates é as lentellas seguen medrando.
O SIMULACRO DE EMERXENCIAS

Hoxe fixemos un simulacro de emerxencia no cole, cando sono a serea saímos todos disparados, en 2' 20'' estaba todo o cole evacuado, e iso que Nerea estaba no colchón e houbo que sentar-la na cadeira de rodas.
FOMOS O TEATRO

Onte fomos o Instituto de Cambados a ver un obra do grupo de teatro Caracol "Pim,pam,pum", estivo moi ben.
FELICIDADES caracois no voso 15ª aniversario.FOTOS
CAMBIANDO A AUGA OS PEIXES

Hoxe cambiamos a auga os peixes.
COIDANDO AS PLANTAS E OS PEIXES

Os nenos e as nenas teñen que coidar os peixes e as plantas, e gústalle facelo; aquí tendes un álbum de FOTOS.
PLANTAMOS AS LENTELLAS

Medraron tanto as lentellas que tivemos que levalas o xardín do cole. Os tomates están na aula e aí os coidan os nenos e as nenas.FOTOS
OS MEDIOS DE TRANSPORTE

Estamos traballando os medios de transporte, e ademais de vídeos e outras actividades estivemos facendo voar un helicóptero, un paracaídas e navegar un barco de vela (pirata), esta semana toca clases de Educación Vial (coas motos) e vamos facer voar un avión ademais de conducir coches dirixidos.FOTOS
CONCERTO DIDÁCTICO INSTRUMENTOS DE VENTO-MADEIRA

A Banda de Música de Meaño visitounos outra vez no cole, esta vez o Concerto Didáctico foi de instrumentos de vento-madeira.
Moitos dos músicos son alumnos e alumnas do cole.FOTOS
OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Estivemos traballando os MEDIOS DE COMUNICACIÓN, mandamos Fax,Correos Electrónicos,Cartas postais, falamos por Teléfono móbil, Teléfono fixo, etc. FOTOS

