Blogia

pequerrechos

O SAMAIN

O SAMAIN

Celebramos o Samain.
Celebramos o Samain adornando a clase con cabazas, coloreando cabazas, e realizando unha  con papel de cor laranxa que despois levamos á exposición do vestibulo do colexio. FOTOS

SEGUIMOS TRABALLANDO O OUTONO

SEGUIMOS TRABALLANDO O OUTONO

Seguimos traballando en clase o outono.
Cunhas follas moi grandes que se recolleron no parque debuxamos unhas caras moi bonitas para decorar a clase. FOTOS

O ANIVERSARIO DE MARÍA

O ANIVERSARIO DE MARÍA

María estivo de aniversario, estas son as  FOTOS da festa do cole.

TRABALLANDO O OUTONO

TRABALLANDO O OUTONO

Fotos dos nenos e nenas  traballando o día 17 de outubro.
Na asemblea falando do outono, traballando aberto-pechado e decorando un poema do outono.

O outono empeza
síntoo no aire
é que as follas
comezan o seu baile.

Elas sóltanse
viran cara abaixo
e aos barrenderos
lles dá moito traballo.

O Outono é bonito
con días de Sol
e toda a paisaxe
ponse marrón.

Marrón e amarelo
como os marmelos
marrón e dourado
todo empapelado.

A paisaxe cambia
o Outono empeza
gocemos xuntos
toda a súa beleza.

A que está chula.

O CUMPLE DE XAFI

O CUMPLE DE XAFI

Xafi a mascota da biblioteca estivo de aniversario e preparámoslle un agasallo.
Despois entregámosllo na festa que celebramos na BIBLIOTECA.  FOTOS

FOTOS DOS PEQUERRECHOS TRABALLANDO

FOTOS DOS PEQUERRECHOS TRABALLANDO

Estas son as primeiras fotos dos Pequerrechos traballando na aula, podedes velas AQUÍ.

XA ESTAMOS AQUÍ

XA ESTAMOS AQUÍ

Ola xa estamos aquí outra vez os Pequerrechos.
Cambie de cole e agora estou no CEIP Campolongo de Pontevedra.
Ben empezaremos a contar as nosas experiencias e traballos neste novo cole.
Este é o Cole: FOTOS.  

REMATOU O CURSO

REMATOU O CURSO

O curso xa rematou, o derradeiro día soltamos os peixes e fixemos unha festa na aula.
A ra Curro veu a saludarnos cando estábamos no estanque.
E os nenos e ás nenas levaron para casa todo os seus traballos.FOTOS

QUE PASEDES UNHAS BOAS VACACIÓNS.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Fomos de excursión de fin de curso os muíños de Lores.
O camiño o fixemos andando levounos 30' chegar e a volta tardamos un pouco mais 35'.
En Lores visitamos os Muíños e o concello abriu un e puidemos velo funcionar.
Despois os nenos e nenas merendaron e despois buscaron o tesouro do pirata de Lores, que o atopou Manuel.
E houbo mais xogos ata que regresamos o cole.FOTOS

NEREA CONTANDO CONTOS

NEREA CONTANDO CONTOS

Nerea manexa o seu ordenador para poñerlle os seus compañeiros e compañeiras contos. FOTOS

NEREA COMENZA A ESCRIBIR CO ADAPTADOR

NEREA COMENZA A ESCRIBIR CO ADAPTADOR

Nerea comenza a escribir cun adaptador, a intención e ver ata donde pode chegar co seu uso, e satisfacela na súa demanda de pintar soa.FOTOS

ESTUDANDO AS FROITAS

ESTUDANDO AS FROITAS

Estivemos de visita polo xardín para coñecer as árbores frutais que temos nel, maceiras, membrilleiros, pesegueiros, ... FOTOS

UN DÍA DE TRABALLO EN CLASE

UN DÍA DE TRABALLO EN CLASE

Estas son as fotos dun día de traballo na clase.FOTOS

COMIDA PARA O COELLO

COMIDA PARA O COELLO

Conseguimos ver o coello e decidimos botarlle pan e galletas que sobran das merendas para que este contento no noso xardín.FOTOS

FLOTA OU NON

FLOTA OU NON

O venres estivemos investigando en clase que cousas flotan ou non, os nenos e nenas collían cousas e as metían nun caldeiro cheo de auga e despois fixemos dous conxuntos de cousas.FOTOS

PESADO-LIXEIRO

PESADO-LIXEIRO

Experimentamos coas cousas PESADAS e LIXEIRAS, e co peso do noso propio corpo, estas son as FOTOS.

O COCHE TELEDIRIXIDO

O COCHE TELEDIRIXIDO

Estivemos aprendendo a manexar un coche teledirixido, o problema foi que as pilas non estaban cargadas de todo, dio o tempo xusto para que todos probaran.
O venres probaremos de novo.FOTOS

O COELLO DO PATIO

O COELLO DO PATIO

Temos un coello no xardín do Cole, nos recreos deixamos galletas e pan e el cando marchamos sae a comelo.
O profe Sergio conseguiu facerlle unhas fotos.

A LARANXEIRA DE CLASE

A LARANXEIRA DE CLASE

A árbore que temos en clase é unha LARANXEIRA. os nenos e as nenas colorearon laranxas con tempera e despois pegáronas na árbore. FOTOS

OS CONTOS A NEREA

OS CONTOS A NEREA

Aos nenos e as nenas gústalles contar contos a Nerea, teñen que turnarse pois todos queren facelo.