AS FORMIGAS
Era verdade os nenos e as nenas son bos observadores, non soamente naceron formigas senón que como podedes ver na foto a raíña puxo un montón de ovos e xa hai algunha larva.
Era verdade os nenos e as nenas son bos observadores, non soamente naceron formigas senón que como podedes ver na foto a raíña puxo un montón de ovos e xa hai algunha larva.
Atopei un ra no centro de Pontevedra, o meu fillo Pablo axúdome a collela e leveina o Cole.
Os nenos e as nenas quedaron encantados, porque aínda que hai moitas no estanque non somos quen de atrapalas.
Estivo paseando por todas as aulas do cole e puxéronlle de nome CURRO.
O rematar a xornada a soltamos no estanque, e estaba tan acostumada a nos que non escapaba.FOTOS DE CURRO
O venres foi o Festival das Letras Galegas, nos actuamos cun unha danza Portuguesa "Quen quer daça" moi divertida, axudáronnos a profe María e o profe Alberto que tocaba o órgano, dirixía dicindo a parte do corpo que tiñamos que mover Nerea. Os nenos e nenas o pasaron moi ben e recibimos moitos aplausos.FOTOS
O material é: Unha botella de plástico
Cartón para as patas
Un cáñote de papel hixiénico para a punta
Papel de aluminio para envolvelo
Un cortiza cun buraco no centro
Unha agulla de inchar as pelotas
Para que voe mais, descubrimos que si enchemos a botella 1/4 de auga o foguete alcanza mais altura.
Esquecíame da bombiña para meter aire a presión no interior e facer o lanzamento. FOTOS
No formigueiro que temos na clase a actividade non cesa, a raiña (na foto a que é mais grande con diferencia) parece que medrou e puxo ovos (boliñas brancas na foto), as obreiras non paran de carretar a mel que lles puxemos de comida e dixen os nenos e nenas que naceron formigas (teño que contalas).FOTOS.
ENLACES: http://www.mirmiberica.org/?q=taxonomy/term/18 http://www.lamarabunta.org/
A árbore da clase xa lle saíron ás flores, está moi bonito, e os nenos e nenas esperan a ver o froito no mes de xuño.
Experimentamos cunha EMISORA de TELEVISIÓN.
Conectamos unha cámara de vídeo a unha pequena emisora de televisión e os nenos e as nenas estiveron facendo programas, hasta anuncios; mentres compañeiros, incluso doutras aulas de Primaria vían a tele.
Algúns nenos poñíanse diante da cámara saudaban e despois corrían a mirarse na tele, e claro xa non saían e enfadábanse.FOTOS
Fixemos un Foguete.
Estamos estudando os medios de transporte e falamos dos foguetes. Entón decidimos fabricar un con material reciclado e que voara.
É moi doado de facer soamente fai falta unha botella de plástico, un cortiza, cartón ou polispán (para facer as patas), e para impulsar lo aire a presión que se consigue cun bombiña e unha agulla de inchar as pelotas.FOTOS
O concello de Meaño invitounos a ir a Dena a ver a obra de teatro "RECICLA ARTE" da compañía NI FU NI FA. Fomos os nenas e nenos de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria.
Antes da obra e despois estivemos xogando no patio de Infantil do Cole de Dena.FOTOS
Hoxe entregamos no Concello un conto ilustrado para participar nun concurso organizado por eles.
O conto que ilustramos é:"El Anillo Mágico". Cada neno ou nena ilustrou unha viñeta e despois as pegamos todas unha cartolina.O resultado podedes velo na foto.
Onte celebramos os MAIOS.
Pola mañá estivemos facendo-lo e pola tarde o celebramos cantando as coplas, cada curso canto a súa. Empezamos no patio e como comezou a chover rematamos debaixo do Cole Novo.FOTOS
Seguimos coidando os tomates, os peixes e as lentellas, aquí está na foto Alberto dándolle de comer os peixes
Temos un formigueiro na clase. Ángel da Asociación Ibérica de Mirmecología douno dous ao noso cole un para a nosa aula e outro para a aula de 2º.
Os nenos e as nenas alucinaron cando os viron, agora temos que traballar as formigas como punto de interese.FOTOS
Enlaces de Interese: http://www.mirmiberica.org/?q=taxonomy/term/18 http://www.lamarabunta.org/
Estivemos traballando os MEDIOS DE COMUNICACIÓN, mandamos Fax,Correos Electrónicos,Cartas postais, falamos por Teléfono móbil, Teléfono fixo, etc. FOTOS
A Banda de Música de Meaño visitounos outra vez no cole, esta vez o Concerto Didáctico foi de instrumentos de vento-madeira.
Moitos dos músicos son alumnos e alumnas do cole.FOTOS
Estamos traballando os medios de transporte, e ademais de vídeos e outras actividades estivemos facendo voar un helicóptero, un paracaídas e navegar un barco de vela (pirata), esta semana toca clases de Educación Vial (coas motos) e vamos facer voar un avión ademais de conducir coches dirixidos.FOTOS
Medraron tanto as lentellas que tivemos que levalas o xardín do cole. Os tomates están na aula e aí os coidan os nenos e as nenas.FOTOS
Os nenos e as nenas teñen que coidar os peixes e as plantas, e gústalle facelo; aquí tendes un álbum de FOTOS.
Hoxe cambiamos a auga os peixes.
Onte fomos o Instituto de Cambados a ver un obra do grupo de teatro Caracol "Pim,pam,pum", estivo moi ben.
FELICIDADES caracois no voso 15ª aniversario.FOTOS