Blogia

pequerrechos

OS NOVOS PEQUERRECHOS

OS NOVOS PEQUERRECHOS

Estes son os novos Pequerrechos que nos van a acompañar ao longo deste curso.
Faltan tres que están enfermos.
Iremos presentándoos o longo desta semana un a un.

DESPEDIDA

DESPEDIDA

Esta é a foto da despedida dos nenos/as de PEQUERRECHOS.
Xa pasan para Primaria, eu os desexo unhas boas vacacións e que traballedes moito cos novos profes.
    MOITOS BICOS PARA TODOS

Os agasallos da Anpa

Os agasallos da Anpa

A Anpa o rematar o curso entregoulle uns agasallos os nenos e as nenas, na foto están  coa Directora e as camisetas que nos regalaron.

Orlas e diplomas

Orlas e diplomas

O rematar o festival entregaron os DIPLOMAS e as ORLAS de remate do curso.
Entregounas a directora e os titores/as e despois houbo sesión fotográfica.

Festival de Fin de Curso

Festival de Fin de Curso

Participaron os nenos/as  no festival de fin de curso con unha adaptación da  obra "Os sapos e as ras" de Anisia Miranda. Salio bastante ben e nos aplaudiron bastante, o curso seguinte cando nos visite Anisia e Neira Vilas a representaran outra vez.

Plantamos o carballo

Plantamos o carballo

Polo mesmo motivo o carballo que tiñamos na clase o transplantamos e o plantamos no xardín, durante o verán estivemos dous profesores regando o xardín e as plantas do cole.

Soltamos os peixes

Soltamos os peixes

Como remataba o curso soltamos os peixes no estanque os alumnos/as non querían pero expliqueilles que aí estaban ben, xa que pasaban o verán cos seus compañeiros, e que para a volta podían visitar los no recreo.

O curso xa rematou pero sigo contando cousas

O curso xa rematou pero sigo contando cousas

O curso pasado xa rematou, os nenos xa están en 1º de Primaria,pero vou contarvos as derradeiras actividades que fixeron.
O primeiro foi participar nas celebracións do 25 ANIVERSARIO do noso Centro, o venres 15 de xuño foi a festa seria con concertos, discursos e cea; e o domingo 17 foi a festa de verdade para os nenos/as con inchables, merenda, xornada de portas abertas...
Se queredes mirar aquí as fotos

ERA UNHA MACEIRA

ERA UNHA MACEIRA

Xa ten froitos a árbore da nosa clase.
Era unha MACEIRA o profe é un trampón pois non o quixo dicir ata hoxe.

 

CAMBIANDOLLE A AUGA OS PEIXES

CAMBIANDOLLE A AUGA OS PEIXES

Hoxe tocou cambiarlle a auga os peixes e limpar o acuario, fixémolo entre todos, pescamos os peixes co ganapán, como escapaban e salpicaban, mollamos todo, a mesa, o chan, o profe...

CONTO

CONTO

 

 

 

Xa rematamos outro conto, este é de medo titúlase O ANEL MÁXICO, agora pedímoslle o profe un de fútbol, pero el di que non.
Se queredes velo premer AQUÍ.

 

RAQUEL E OS PEIXES

RAQUEL E OS PEIXES

Onte dóulle comida os peixes Raquel

TEATRO "OS SAPOS E AS RAS"

TEATRO "OS SAPOS E AS RAS"

Estamos preparando unha obra de teatro para as actividades da biblioteca do terceiro trimestre, titúlase OS SAPOS E AS RAS, e é unha adaptación de unha obra de Anisia Miranda.
O Río son: Mateo, Ángel e Mauro
Sapiños: Belinda, María, Pedro, Lidia e David.
Ranciñas: Oscar, Santiago, José Ramón, Raquel e Leila.
Estamos pasándoo ben cos ensaios e queremos que nos graven en vídeo.

O CUMPLE DE JOSÉ RAMÓN

O CUMPLE DE JOSÉ RAMÓN

Onte foi o cumple de JOSÉ RAMÓN, esta é a foto, comimos moitas gominolas.

A COMIDA DOS PEIXES

A COMIDA DOS PEIXES

Hoxe tocoulle a María darlle de comer os peixes.
Como comen, e están medrando moito, dentro de pouco temos que levar-los o estanque.

 

E O CARBALLO SEGUE MEDRANDO

E O CARBALLO SEGUE MEDRANDO

O Carballo segue medrando grazas os coidados que lle damos.

 

 

O CUMPLE DO COLE

O CUMPLE DO COLE

O noso cole cumpre 25 anos e imos a celebralo, na web do cole está o programa de actos.
Para acceder premer AQUÍ.

SCALEXTRIC

SCALEXTRIC

O profe montou unha pista de Scalextric para seguir traballando como conducir, pon semáforos e sinales na pista que temos que obedecer. Si o facemos mal tocalle a outro.

EDUCACIÓN VIAL

EDUCACIÓN VIAL

Estamos vendo os medios de transporte e no pavillón o pasamos xenial, o profe apréndenos como temos que ir pola carreteira, e despois en unha moto temos que ir por un circuítos con sinais de tráfico e semáforos.

NOVO CONTO "TITO E O PITO"

NOVO CONTO "TITO E O PITO"

Xa rematamos un novo conto "TITO E O PITO", se o queredes ler premer AQUÍ, esperemos que vos guste.
O seguinte di o profe que vai a ser un de medo, ¡que medo!