OS PEIXES
Hoxe tocoulle de darlle de comer os peixes a MARÍA, di o profe que temos que cambiarlle a auga que xa está sucia.
A foto e de PEDRO
Hoxe tocoulle de darlle de comer os peixes a MARÍA, di o profe que temos que cambiarlle a auga que xa está sucia.
A foto e de PEDRO
O carballo segue a medrar, xa botou follas e está altísimo, di o profe que dentro de pouco teremos que plantarlo no xardín.
A foto é de RAQUEL, estivemos aprendendo a facer fotos.
Despois do recreo marchamos a aula de teatro e como fin da semana das Letras Galegas vimos a película "Pinochio 3000".
Case non nos deu tempo de vela do longa que era.
O venres día 18 os nenos e nenas de 6º de Primaria contaron o conto da Biblioteca en vez do profe.
O conto era "Kokorico" e estivo moi chulo, mais chulo que cando o conta o profe.
Pedímoslles que nos contaran mais.
A LANDRA que adoptamos segue medrando, cada día a regamos mirade que grande xa está.
Hoxe viñeron o noso Cole os nenos de 6º do C.E.I.P. Cruceiro de Vilalonga, trouxeron un teatro de sombras chulísimo, e despois representaron varias obras de teatro cortas moi divertidas. Pero o mais bonito foi o teatro de sombras.
O martes 15 marchamos a DENA o CEIP de Coiron para vela actuación do grupo de teatro Buratini.
Antes da actuación estivemos xogando no patio e despois una chica do grupo de teatro contounos varios contos. Estivo ben, e o que mais nos gustou foi a estrela de mar.
Xa fomos botar a carta a caixa de correos, aproveitamos e visitamos tendas da zona. En Caixanova déronnos caramelos.
O profe explicounos como cruzar a rúa, usamos as papeleiras, cruzamos polos pasos de peóns...
Agora temos que esperar a chegue as nosas casas.
Estamos traballando os medios de comunicación, mandamos un FAX, un CORREO ELECTRÓNICO, e contestáronnos, chamamos por TELÉFONO móbil e fixo, navegamos por INTERNET, e escribimos unha CARTA que o luns imos a botala na caixa do correo.
Xa fixemos un novo conto "O SUSTO". O levamos onte para casa. Si o queredes ver premer AQUÍ.
O mércores estivo connosco IAGO un conta contos e contounos "CONTOS PARA LEVAR NO PETO".O conto foi moi bonito e a pena foi que tivo que marchar e non puido contarnos mais.Para velas fotos premer AQUÍ.
A landra que adoptamos xa está medrando.
Hoxe empezou a saír da terra.
Estamos esperando que vote follas e que sexa un pouco mais alto
Xa lle colocamos ás flores o árbore, nestes días da o Sol e a árbore votou flores.
Dentro de pouco xa sabermos que froitos da.
Xa temos fotos das distintas actividades premer enriba para acceder a elas. FESTA DA PRIMAVERA, TREN DA LINGUA, CONCERTO DIDÁCTICO, MAIO 2007, ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA 2º TRIMESTRE, TEATRO CARACOL.
Participamos no concurso de ilustración de contos do Concello de Meaño con dous contos "Trip`o Verme Viaxeiro" e "Unha Man un Puño".
Se queredes ver os contos premer aquí.
O luns fixemos no cole un MAIO. esta é a foto de como quedou, nos colaboramos traendo fiúncho,pampullos, conos, flores, ovos,..., e despois fixemos colares cos pampullos, para colocar los no Maio.
Cada día tócanos a un de nos darlle de comer os peixes e regar as plantas.
O luns tocoulle a Mauro e profe sacoulle esta foto.
UN CONTO
Hoxe rematamos o conto PAPÁ estivemos facéndoo toda a semana e agora o levamos para deixar lo en casa e ler cos nosos pais.Se o queredes ver PREMER AQUÍ
OS PEIXES
Onte ademais do cumple de Leila fomos co profe de pesca o estanque do Cole.
Pescamos oito peixes e os metemos nun acuario para ter na clase.
Hoxe xa lles dimos de comer. O que mais come e un de cores negro e dourado, non para.
Leila celebrou onte o seu cumple, cantamos todos, comimos larpeiradas e pasámolo ben.
FELIZ CUMPLE LEILA