Blogia

pequerrechos

Exposición de Caveiras

Exposición de Caveiras

Este mércores día 25 preparamos as caveiras para a exposición do cole, Todos trouxemos una cabaza que decoramos con plasti, recortes de papel, gorros, gafas e outras cousas que trouxemos das nosas casas.
        Os maiores as fixeron ocas e colocáronlle dentro lanternas e velas, daban moito medo velas sen luz na exposición do Cole.

Segunda parte do poema do Pirata

Segunda parte do poema do Pirata

O xoves escribimos a segunda parte do poema, que xa o sabemos para recitalo, tocounos colorear a caveira pirata. Algunhas daban medo da pintan que tiñan.
          Vamos a levarnos para casa os traballos para que os lean os nosos pais.

O tema da Biblioteca neste trimestre

O tema da  Biblioteca neste trimestre

Este trimestre na BIBLIOTECA estamos a traballar "O MAR", todo o Centro está aprendendo o poema "LA CANCIÓN DEL PIRATA" de Espronceda, viaxamos en barco pola Ría de Arousa e estamos facendo debuxos e escribindo o poema.
          O martes escribimos a primeira parte e coloreamos o barco do pirata.

Excursión O Grove

Excursión O Grove

Estivemos no Complexo Intermareal Umia-O Grove. Primeiro visitamos a Aula da Interpretación da Natureza do Monte Siradella e despois dimos unha volta en barco polo mar.

           Estaba mal día e non poidemos ver moito, esperamos poder voltar un día con mellor tempo.

Xa estamos traballando

Xa estamos traballando

O profe xa nos ten traballando a tope,  escomenzamos a leer e a escribir, e o mércores imos a empezar cun obradoiro de xogos populares.

         Ademais o día 18 imos de excursión O Grove para visitar o Acuario e dar unha volta nun catamaran no que podese ver o fondo do mar.

NOVO CURSO

NOVO CURSO

 

Somos os novos nenos da clase de 6º da Educación Infantil, neste diario imos a escribir as cousas que faremos durante o curso que agora escomenza; os nosos nomes son: Belinda, María Dolores, Leila, Lidia, Raquel, David, Óscar, Mauro, Ángel, José Ramón e  Mateo.

                               Un saudo.

                         

REMATOU O CURSO

REMATOU O CURSO

 Rematou o curso, agora xa somos maiores e marchamos para PRIMEIRO,  que nervios.

          Intentaremos que o noso profe nos axude a facer outro Blog, e que os nenos novos escriban en este.

Temos unha foto co noso profe e os diplomas que publicamos como remate do curso.

                                             Deica logo

Festival Fin de Curso

Festival Fin de Curso

 

 Participamos no Festival de Fin de Curso do Cole cantando e bailando algunhas cancións, e recitando poemas. Parece que lle gustaron os demais alumnos pois aplaudiron bastante.

FESTA DA AUGA

FESTA DA AUGA

 

O remate do curso os profes de Infantil e todos os nenos e nenas, aprobeitando que facía moito calor, fixemos unha festa da auga.

    Con xogos, molladuras e diversión, pasámolo moi ben.

O Simulacro

O Simulacro

Onte estiveron os BOMBEIROS DO SALNES  no noso cole. Estabamos na clase traballando cando soaron as Sireas e o sair atopamos que había moito fume nun lado do Cole.

                            O pouco de estar no patio chegaron os bombeiros e a policia municipal coa sirea posta, sairon correndo do camión e colleron as mangueiras, tiñan postos os cascos e o uniforme.

                             Menos mal que o profe explicara que esta semana faríamos un simulacro porque parecía de verdade, e algúns preguntaban si había lume "en serio".

Estivemos en ANDREA

Estivemos en ANDREA

O venres 9 marchamos de excursión a "ANDREA" unha asociación que recolle burros maltratados o que non teñen dono. Cepillamos os burros, explicáronnos a súa historia, fixemos recorridos de psicomotricidade con eles, e Fabián quedou dormido enriba dun.

       O mais bonito chamábase PLATERO, como o burro do conto de Juan Ramón Jimenez, que nos contou o profe, e sobre o que traballamos este trimestre.

A cociña dos mércores

A cociña dos mércores

Foi mércores e voltamos a cociña.

Esta vez fixemos unha TARTA DE CHOCOLATE, usamos leite, galletas, chocolate de postres, flanín, tulipán e ovos.

Manchamos un pouco a cociña o mezclar os ovos o tulipán e o chocolate, pero o pasamos ben.

O día seguinte Xoves fixemos unha festa e comimos as tartas, como sobrou un pouco os profes tamen comeron e non deixaron nada.

As patacas

As patacas

As  patacas que plantamos en abril XA ESTÁN MEDRANDO, hoxe fomos a regar e carai como sairon da terra.

A fin de curso di o profe que igual podemos recollerlas e levarlas para casa.

Mandamos unha carta

Mandamos unha carta

O venres día 26 escribimos unha carta na aula, puxemos a dirección no sobre e o remitente, pegamos o selo, e despois fomos andando ata o buzón que hai no Concello a mandalas.

O profe foi aprendendonos a cruzar polos pasos de peóns e a andar polas beirarúas e vimos unha tenda de zapatos, unha perruquería e unha tenda de roupa.

Xa vos contaremos cando as recibamos nas nosas casas.

A cociña dos mércores

A cociña dos mércores

Hoxe é mércores tocounos cociña, os profes levaronnos a facer un MOUSSE DE PLÁTANO. Antes escribimos os ingredientes e os dibuxamos.

        A maioría de nos o único que nos gustou foi face-lo, esmagando as galletas co plátano e exprimindo as laranxas para votarlle o zume o plátano e as galletas; despois a moitos non lle gustou, Cesar e Alba tomaron o seu e dous mais.

         O mércores seguinte, que é o último, imos a facer unha tarta de galletas, esperemos que esté mais rica.

O Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas

O profe falounos de Manuel Lugrís e das poesías e obras de teatro que escribía, e nos escribimos unha adaptación dunha poesía súa "Axiña"

     Os días xa son máis longos;

     Xa brilla máis ledo o Sol.

     Os arboredos florecen

     E as silveiras teñen flor...

 

Tamen vimos unha foto do manuscrito onde escribiu este poema e vimos unha caricatura de Manuel Lugrís que copiamos.

A Cociña dos mércores

A Cociña dos mércores

Onte foi mércores e tocou cociña. Fixemos unha brocheta vexetal, puxemos: amorodos, platano, mazá, pera, melocotón, uvas, kivi, e duas gominolas que parecian froitas, o profe para ensartarlas no pincho mandounos facer unha serie, e antes tivemos que escribir a receita nun folio e despois de comer a brocheta , que estaba moi boa, facer un dibuxo dela. 

O regalo da nai

O regalo da nai

Para o DÍA DA NAI, preparamos un libro con forma de corazón e dentro, en cada folla, dibuxamos e escribimos :

* Para a miña nai o ceo

*Para a miña nai unha flor

*Para a miña nai un bico

*Para a miña nai o meu amor

*Día da nai 2006.

Cada un de nos dibuxou o que quixo en cada páxina.

 As mamás quedaron moi contentas.

Os BOMBEIROS

Os BOMBEIROS

Por fin fomos  a estación dos BOMBEIROS de Pontevedra, ensináronnos todos os camións, as escaleiras, o ximnasio, como funcionan as mangueiras, e o mellor foi a espuma. Na espuma pillamos o profe Pachú e o mollamos de arriba abaixo

A Pizza

A Pizza

O mércores día 3 tocou cociña, o profe despois de facernos escribir a receta na clase levounos a cociña e fixemos unha PIZZA, algúns a fixeron de salchichas, outros de ovos, de aceitunas, outros puxeron de todo, e despois a comimos.