Blogia

pequerrechos

A BIBLIOTECA

A BIBLIOTECA

A BIBLIOTECA.
   Neste trimestre a biblioteca está a traballar o tema do CÓMIC.
   Nos estamos coloreando personaxes xigantes e estivemos na BIBLIOTECA lendo Mortadelos, Asterix e Obelix, Tintín, ....

O DÍA DA PAZ

O DÍA DA PAZ

Celebramos o día da PAZ.
    Todo o Centro celebrou o día da PAZ e nos tamén , fixemos unha árbore e cada neno pegou unha man como se fosen follas, quedou moi bonito, cando estean as fotos na páxina web do Cole poñeremos unha ligazón.

Aprendendo a medir

Aprendendo a medir

Estamos aprendendo a medir as cousas.
O profe mandounos medir a ficha a mesa a cadeira, e o final o mais divertido ver canto medíamos nos, os mais altos eran Mateo e David que empataron.

Xoguetes novos no patio

Xoguetes novos no patio

Estreamos xoguetes novos no xardín, temos carretillas, palas, caldeiros, moldes para a area,...
    Gústanos moito traballar con eles, pero fai moito frío estes días.

Fotos do Nadal e da actividade da Biblioteca

Xa temos as fotos do NADAL e da "CANCIÓN DO PIRATA".

Premer en NADAL ou en "CANCIÓN DO PIRATA"

O Peixe Prateado

O Peixe Prateado

E aquí está o Peixe con escamas

O Peixe Prateado

O Peixe Prateado

Aquí tendes o Peixe sin escamas

PAPA NOEL no Cole

PAPA NOEL no Cole

Visitounos PAPÁ NOEL,  estivo no noso cole e deunos un agasallo, nos por si fallaban outras cartas, entregámoslle mais cartas para os REIS MAGOS e para el.
    Por certo as cartas que enviamos por CORREO, foron contestadas polos REIS, con un parchís de regalo.
    E despois os REIS portáronse ben que nos trouxeron todas as cousas.

O Peixe Prateado

O Peixe Prateado


O profe contounos o conto dun peixe moi egoísta que non quería compartir nada cos seus compañeiros, e que o final deuse conta do seu erro e regaloulle unha escama a cada peixe.
   Os nenos do Cole decidimos devolverlle as escamas prateadas o peixe e en esta foto estamos pegándolle a nosa escama.
   Mañá xa os amosaremos unha foto do peixe con todas as súas escamas.

A "Canción del Pirata"

A "Canción del Pirata"

Xa estamos de volta das vacacións de Nadal, que tal de Reis?. Nos moi ben.
    Antes das vacacións o mércores 20 recitamos por fin a "Canción del Pirata", nos e todos os nenos e nenas do noso Colexio, aquí podedes ver unha foto do recital.

A CARTA OS REIS MAGOS

A CARTA OS REIS MAGOS

 

Xa fomos a botar a carta os Reis Magos, o profe trouxo unhas cartas de CORREOS e as cubrimos poñendo todas as cousas que queremos, tamén fixemos un debuxo para os Reis.
     Despois fomos a botar-las a caixa de correos que está na Casa do Concello e o profe foi explicándonos como facer para cruzar as carreteiras e como pasar polos pasos de peóns.
                      BO NADAL

O OUTRO CARTEL

O OUTRO CARTEL

Este é o segundo cartel, fixémolo co profe Pachú e nel están os tres Reis Magos, fixémolos moi guapos para que nos traian moitas cousas.

       Agora imos a facer as cartas.

OS CARTEIS

OS CARTEIS

Os carteis do concurso
Xa rematamos os dous carteis do Nadal que imos a presentar no concurso, o primeiro fixémolo coa profe Inma e estamos todos esquiando.

          E este da imaxe, esperemos que vos guste

O NADAL

O NADAL

 

 

Xa estamos en pleno Nadal. O profe tennos a traballar para preparar carteis para un concurso, Cando estean listas faremos fotos para que as vexades.
         Tamén estamos a adornar a clase e o corredor, todo o Cole está a traballar sen parar.

O susto

O susto

Tanto choveu,que caeu o muro do Cole, vaia susto levamos cando chegamos hoxe o Cole, faltaba un anaco do patio e parte do xardín. O profe dinnos que temos que transplantar os árbores que plantamos hai dous anos e que aínda tardarán en arranxar lo todo.
 O noso patio de infantil está cheo de auga e aínda que a canalizaron non podemos xogar coma sempre.

¡Que deixe de chover!

 

O Magosto

O Magosto

Xa foi o MAGOSTO, o profe estivo asando as castañas xunto coa directora.
      Nos estivemos cos profes María José,Patricia e Laura e estivemos xogando o TRAGA CASTAÑAS, os BIRLOS (eran de madeira) a levar castañas nun culler, e outros xogos moi divertidos.
      As castañas estaban moi boas, pero como chovía non puidemos xogar no patio.

Preparando o MAGOSTO

Preparando o MAGOSTO

Estivemos preparando o MAGOSTO, debuxando cucuruchos, castañas e castiñeiros, e facendo os cucuruchos, no nos daba pasado o tempo pois o que queríamos era comer as castañas.

     O profe aprendeunos a escribir as palabras Castaña, castiñeiro, cucurucho...

 

Os gorros de PIRATAS

Os gorros de PIRATAS

Xa temos preparados os gorros de PIRATAS, e xa sabemos a poesía para recitala o día da festa da Biblioteca. A QUE ESTAMOS GUAPOS?

Xa temos fotos publicadas

Xa están na páxina web do cole publicadas as fotos da saída o Grove e da exposición de caveiras. Estamos moi guapos nas do Grove cos chalecos salvavidas postos e as caveiras dan moito medo. Premer nas palabras marcadas para entrar.

A terceira parte do poema do Pirata

A terceira parte do poema do Pirata

Xa escribimos a última parte do poema "La canción del pirata", imos a levala para casa e que a lean os nosos pais, despois a recitaremos na Biblioteca diante dos demais alumnos do Centro.