Blogia

pequerrechos

TEATRO CARACOL

TEATRO CARACOL

O mércores marchamos a Cambados o IES o teatro a obra titulábase "SUSPENDESE A FUNCIÓN", foi un pouco de tolos pois os actores non estaban e traballaban os carpinteiros, os encargados da limpeza,...
Pero foi moi divertida e non queriamos que rematar.
O profe gravó en vídeo cachiños e agora os vemos no cole.

XA TEN FOLLAS A ÁRBORE

XA TEN FOLLAS A ÁRBORE

  

 

Xa lle puxemos as follas a árbore, agora di o profe que dentro dun mes vai a saírlle flores e despois froitos, pero non quere dicirnos que froito, vai a ser unha sorpresa.

 

 

CUMPLE DE SANTIAGO

CUMPLE DE SANTIAGO

Santiago celebrou hoxe o seu cumple, cantamos todos, comimos torta e larpeiradas e pasámolo ben.
Antes fomos a Dena para asistir a unha representación da ESCOLA DE MÚSICA  onde actuaron Raquel e Mauro.

O CONCERTO DIDÁCTICO

O CONCERTO DIDÁCTICO

Asistimos no cole a un Concerto Didáctico de instrumentos de metal que nos dio a Banda de Música de Meaño.
Estivo ben e  tocamos a trompeta e algún outro instrumento.

A ÁRBORE E O NOVO COMPAÑEIRO

A ÁRBORE E O NOVO COMPAÑEIRO

Está é  a árbore e o noso novo compañeiro Heitor Pedro.
            Hoxe imos a colorear as follas e a poñelas, temos que ter coidado e non tapar os niños e os paxariños.

A CASIÑA DE CHOCOLATE

A CASIÑA DE CHOCOLATE

O noso profe trouxo unha casiña de chocolate despois das vacacións.
     O 1º día tiñamos pena de comela pois era moi bonita, pero o segundo día xa quedou sen vallas do xardín e sen árbore e o terceiro sufriu un desastre e desapareceu.
      Que rica estaba, QUEREMOS MAIS !

TEMOS UN NOVO COMPAÑEIRO

TEMOS UN NOVO COMPAÑEIRO

Chegou un novo compañeiro Heitor Pedro, ven de Portugal e xoga moito connosco.
          O principio dáballe vergoña falar pero agora xa fala e xoga como un mais.

FIXEMOS UNHA ÁRBORE

FIXEMOS UNHA ÁRBORE

Ademais de adoptar unha landra fixemos unha árbore e a coloreamos de marrón.
    Despois imos a poñerlle follas e mais adiante flores e mais tarde froito, o profe non quere dicir que froito é un segredo.
    Na foto casi non se ve, está no medio de nos, pero cando teña follas xa lle fará o profe outra foto.

   

ADOPTAMOS UN CARBALLO

ADOPTAMOS UN CARBALLO

 

Os nenos e as nenas da nosa clase decidimos adoptar un carballo. Para iso plantamos a LANDRA que regalou un periódico galego e temos o compromiso de regar la e cóida-la ata que sexa grande e podamos plantar la no bosque do colexio

TREN DA LINGUA

TREN DA LINGUA

         O luns día 26 fomos de viaxe a Santiago no Tren da Lingua.
         Viaxamos en autobús ata Vilagarcía e dende alí fomos en tren a Santiago, viaxaron connosco dous pallasos Lolo e Peter que nos fixeron rir moito.
         En Santiago vimos unha obra de Teatro con monicreques e de volta a Vilagarcía déronnos de agasallo unha mochila e un LBG (lapis,boli e goma).
         Queremos volta para o ano.

A PRIMAVERA

A PRIMAVERA

  Celebramos a primavera no cole, dimos unha volta polo xardín explicándonos o profe a todos os alumnos do centro as plantas, e o estanque e despois fixemos un mural xigante debaixo do Cole Novo

FIXEMOS UN CÓMIC

FIXEMOS UN CÓMIC

    

 

O profe fíxonos posar para facer un cómic para as actividades da BIBLIOTECA deste trimestre, se queredes velo premer aquí.
     Xunto cos nenos da nosa aula está BUXIBLÍN a mascota da BIBLIOTECA.

Un novo compañeiro

Un novo compañeiro

Temos un novo compañeiro chegou o luns de Uruguai, fala castelán pero xa nos entende cando falamos en galego e empeza a dicir algunha palabra igual que nos.

Fotos do Entroido e da saída a Coruña

Xa están na Web do noso centro ás fotos do Entroido e da saída a Coruña, para velas premer nos enlaces.

EXCURSIÓN A CORUÑA

EXCURSIÓN A CORUÑA

Onte dia 26 marchamos de excursión a Coruña, marchamos as 9:30 nada mais chegar o Cole.
        Comimos no DOMUS e despois o visitamos, o que mais nos gustou foi o da pelota de fútbol.
        Despois marchamos o ACUARIO, que bonito, o mellor as focas e as quenllas, GASTON era moi grande e tiña moitos dentes.
         Chegamos de volta as 17:45 e moitos de nos durmimos no autobús do cansos que estabamos.
                               Queremos volver outra vez.

A FESTA DO ENTROIDO

A FESTA DO ENTROIDO

Xa fixemos a festa do Entroido, saímos a desfilar polas rúas de Meaño e despois fomos a festa que facemos todos os anos no Pavillón. Os pais e nais traen lambetadas típicas para comer entre todos e bailamos ata a hora de saír.

Xa comezou o ENTROIDO

Xa comezou o ENTROIDO

Xa comezou o Entroido no noso Cole, está semana cada día temos que traer unha cousa distinta:
       Luns: Unha cousa na cabeza
       Martes: Unha cousa na cabeza e outra no brazo
       Mércores: Unha cousa na cabeza, algo no brazo e algo nas costas.
       Xoves: Unha cousa na cabeza, algo no brazo, algo nas costas e algo unha perna.
       Venres: Disfrazados dun personaxe dos cómics.
       Xa os iremos contando e poñendo fotos.

As fotos do DÍA DA PAZ

Xa temos na nosa WEB as fotos do DÍA DA PAZ para velas premer no enlace.

COÑECIMOS OS BOLECHAS

COÑECIMOS OS BOLECHAS

Non coñeciamos Os Bólechas e o profe leunos contos destes persoaxes e regalounos unhas camisetas.  ¿A que estamos guapos?

PESANDO

PESANDO

O outro día o profe mandounos medir, agora estamos a pesar as cousas, primeiro usamos unha bascula de xoguete e despois unha de verdade.